August 6, 2008

Falo galego

Post clasificado en: A reivindicar,Reflexiones — Israel Nava @ 12:20 pm
Este será un dos poucos textos que publique en galego: fagoo por axilidade, comodidade e por ser o español a miña lingua materna. Aínda así escribirei no meu galego, o que aprendín na escola e no instituto, escoitei ós meus profesores e escoito pola rúa. Hoxe poderá ser considerado grimoso, e incluso inculto. É o que pasa cando tómase a lingua como arma: sempre haberá candidatos a ser donos dela e outros, a maoiría, que a usamos para entendernos; e de facto entendémonos.

Pero o problema desta respetuosa xente é que, cal Bibiana, non entende nin estará interesada en comprender que unha lingua é do pobo, non dun grupo de listillos que sentan cátedra dicindo que ahora é “grazas” en vez do “gracias” de toda a vida. Pérez Reverte non podía decilo máis clariño.

Sendo o español a miña lingua materna non podo senón confirmar que nunca vira unha lingua tan cambiante; iso si, máis institucionalmente que de práctica. A normalización, que como termo ten todo ó seu favor para apoialo, sempre agacha normas pseudo-totalitarias e sectarias; presións e agresividade; exclusivismo, purismo e vergoñento orgullo. E logo podemos escoitar o “perfecto e normativo” galego que usan os nosos políticos, ideólogos e outros apoios… sen papeis con descursos ou frases preparadas.

A ideoloxía, é dicir, o conxunto de dogmas que asumen os que non queren pensar en principios, deixa en evidencia todo o discurso victimista e revanchista sobre o galego maltratado polo franquismo. Tan fráxil é a súa argumentación que cando se lle pregunta a un galeguista (ou calquer outro tipo de “-ista“): “Se as circunstancias fosen ó revés ¿terías o mesmo empeño?” Costaralle decir, á primeira, “Faría o mesmo co español“. É un exercicio de “porse nos zapatos de outra persoa“. Se podemos facer isto último de forma honesta e non practicar a famosa frase de Groucho Marx, podemos falar do que sexa, en galego ou en español.

Tamén publicado en Xornal.com

1 comentario »

  1. [...] News » News Falo galego2008-08-09 09:29:09Comprender de toda … non entende nin estará interesada en comprender que [...]

    Pingback by Wild-Card Riders At Donington Park · — August 9, 2008 @ 4:29 pm

RSS feed for comments on this post. | TrackBack URI

Deje su comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .